Pestanas principais

Este venres realizarase o traspaso de poderes no salón de plenos da Casa do Concello

Venres, 10 de xuño de 2011

[10-06-2011] Tendo en conta que o vindeiro sábado, día 11 de xuño, producirase a toma de posesión do novo goberno municipal, e dentro da idea que o goberno en funcións ten respecto ao traspaso ordenado da xestión municipal, o alcalde en funcións de Ames, Carlos Fernández, convidou ao alcalde in péctore, Santiago Amor, a manter unha xuntanza este venres, ás 13:30 horas, co fin de facer entrega da documentación e para poder intercambiar información, co obxectivo de facer este traspaso dunha forma directa e persoal. Nesta xuntanza estarán, ademais de Carlos Fernández, os concelleiros/as que forman parte do goberno municipal en funcións, para facer entrega dos documentos resumo que cada concellaría ten recompilado.

O alcalde en funcións de Ames, Carlos Fernández, manifestou hai uns días que "se ía a realizar un proceso de sucesión ordenada". Cada un dos concelleiros elaborou un dossier detallado de todos os proxectos que se executaron durante a última lexislatura e dos que quedan pendentes de executar. Ademais de dar traslado desta información ao novo goberno municipal, durante esta semana cada un/unha dos concelleiros/as en funcións compareceu en rolda de prensa, para explicar e render conta dos proxectos realizados durante os últimos anos nos que estiveron no goberno municipal.

Seguindo esta liña de traballo, Fernández convocou ao alcalde in péctore, Santiago Amor, a unha xuntanza que terá lugar este venres, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, para poder realizar o traspaso de poderes dunha forma directa e persoal.

Tendo en conta que o sábado 11 de xuño producirase a toma de posesión do novo goberno municipal, Carlos Fernández, como alcalde en funcións do Concello de Ames expresou que "dentro da idea de que o goberno en funcións e eu mesmo, como alcalde en funcións, temos respecto do traspaso ordenado da xestión municipal, convidei a Santiago Amor a manter unha xuntanza para facer entrega da documentación e intercambiar información, co obxectivo de facer este traspaso dunha forma directa e persoal".

Fernández continuou dicindo que "a miña intención é que nos poidamos ver o venres día 10 de xuño, ás 13:30 horas, no salón de plenos do Concello. Neste lugar compareceran os nove concelleiros e concelleiras do actual goberno municipal e faremos entrega dos documentos resumo que cada concellaría recompilou".



Contido relacionado


El Correo Gallego: "El salón de plenos de Ames acoge hoy el traspaso de poderes"
La Voz de Galicia: "Carlos Fernández y Santiago Amor se reúnen para el traspaso de poderes"