[26-12-2013] O pavillón deportivo de Bertamiráns acollerá este venres, 27 de decembro, un baile destinado aos maiores do concello de Ames no que haberá chocolatada e música en directo. Esta actividade, que está organizada pola Concellería de Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, comezará ás 18:00 horas e contará coa actuación musical de Miguel Torres e Luís Rey. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 662 377 302 ou 981 108 090. Esta sesión de baile e chocolatada enmárcase dentro da programación cultural do Nadal 2013.
Esta actividade, que leva por nome Chocolate e baile cos nosos maiores forma parte da completa programación deseñada polo Concello de Ames para o Nadal 2013, na que hai actividades para todos os públicos. Pensando nos maiores do municipio, o Concello organizou este baile no que, ademais de música en directo, haberá chocolate para todos.
Este baile, no que se conta coa colaboración de Feiraco, organízase co obxectivo de que sexa un espazo de encontro e de lecer no que os veciños e veciñas maiores, e os non tan maiores, ademais de bailar, se relacionen cos amigos e coñecidos. O baile estará amenizado por Miguel Torres e Luís Rey.
Co obxectivo de facilitar a asistencia a este evento, o Concello de Ames porá en marcha un servizo de autobuses para achegarse ata o pavillón de Bertamiráns, que sairán ás 17:30 horas dende as paradas habituais. Para inscribirse nesta actividade hai que chamar ao número de teléfono 662 377 302 ou 981 108 090.




