Pestanas principais

Este venres, 4 de abril, hai teatro infantil no Milladoiro da man da compañía A nena e o grilo

Martes, 01 de abril de 2014

[01-04-2014] Esta fin de semana volve o teatro infantil ao Concello de Ames da man da compañía A nena e o grilo, que porá en escena a peza “A nena e o grilo nun barquiño”. A cita teatral terá lugar ás 18:30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase da segunda entrega de A nena e o grilo. Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuarán descubrindo o mundo e os seus segredos, e tamén o seu propio mundo interior. A reserva de entradas para este espectáculo pódese realizar ata ás 14:00 horas do venres 4 de abril. As reservas pódense facer a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. Ademais, este venres haberá dúas sesións de teatro infantil para o alumnado dos centros de ensino de Ames. Poderán ver esta obra de teatro ás 10:00 h e ás 12:00 horas.

Este venres, ás 18:30 horas, haberá teatro infantil na Casa da Cultura do Milladoiro a cargo da compañía A nena e o grilo que representará a peza A nena e o grilo nun barquiño. Trátase da segunda entrega de A nena e o grilo. Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha historia de aventuras coa que continuarán descubrindo o mundo e os seus segredos, e tamén o seu propio mundo interior. As aventuras inciden directamente en temáticas xa esbozadas na entrega anterior, a solidariedade, o respecto á natureza, a identidade, o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea.

No ano 2010 A nena e ou grilo iniciou unha viaxe na que os nenos e nenas descubriron, gozaron e aprenderon as súas cancións, a súa maneira de ver o mundo, o seu cri, cri, cri... os abrazos... e moito máis. Durante estes anos seguiron viaxando, vendo e creando novas cancións, soños e ilusións que agora van compartir con toda a rapazada amiense. Nesta edición preténdese estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos e nenas deixándolles un oco para expresarse. No directo as cancións e a interpretación dos protagonistas, a nena e o grilo, abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo. Este espectáculo está dirixido ao público familiar e especialmente aos nenos e nenas que teñen a partir de 3 anos.

As entradas para asistir á función das 18:30 horas teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o venres 4 de abril, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:30 h e as 18:00 horas. As entradas que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 18:00 horas. Despacharanse un máximo de 4 entradas por persoa.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Teatro infantil no Milladoiro da man da compañía A nena e o grilo"