Pestanas principais

Este venres, 3 de outubro, comeza o campionato de dominó que se desenvolverá na Casa da Cultura de Bertamiráns

Xoves, 02 de outubro de 2014

[02-10-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizou un campionato de dominó no que participarán preto de 30 persoas. Esta iniciativa comeza este venres, 3 de outubro, e desenvolverase na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns dous días á semana (os martes e venres) a partir das 20:30 horas. Haberá trofeos para os gañadores/as.

Despois do éxito do campionato de tute organizado entre os meses de febreiro e abril, o Concello de Ames volve a organizar un campionato pero esta vez de domino. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo. Por iso, dende a concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizaron un campionato de dominó que se desenvolverá a partir deste venres, 3 de outubro, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Nesta iniciativa inscribíronse 14 parellas, polo que un total de 28 persoas disputaranse a honra de ser os mellores xogando ao dominó. Esta actividade comeza este venres, 3 de outubro, e desenvolverase na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns dous días á semana (os martes e venres) a partir das 20:30 horas. Haberá trofeos para os gañadores/as.

A concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, indicou que “este campionato volve a contar cunha alta participación despois de que a edición celebrada o ano pasado acadara un gran éxito”. Maria Carmen Verde explicou que se trata “dunha iniciativa a través da cal se pretende que a veciñanza amiense pase un anaco agradable xogando a este xogo ao tempo que se relaciona e se socializa con outra xente do municipio”.