[23-02-2017] Este venres, 24 de febreiro, na Casa da Cultura do Milladoiro, a partir das 19:30 horas, mestres, mestras e alumnado da Escola de Música Municipal de Ames convidan a veciños e veciñas a asistir ao seu concerto de Entroido. As distintas músicas do mundo serán as protagonistas da maior parte das pezas que se interpretarán ao longo da velada. Ademais, este xoves, 23 de febreiro, pola tarde, a partir das 18:00, haberá varias audicións de canto do alumnado da EMMA na aula 10 do Centro multiusos de Aldea Nova.
Os máis pequenos da Escola serán os primeiros en saír ao escenario. Nenos e nenas, de entre 4 e 7 anos, da aula de Música e Movemento serán os representantes da música galega interpretando a Muiñeira corrida. Os integrantes do coro cantarán a canción xaponesa Wathasi. O coro de alumnos/as de primeiro de linguaxe musical e mailos alumnos/as de percusión interpretarán unha canción popular africana: Jambo bwana.
De seguido, a orquestra de violíns interpretará varios temas típicos de Polonia. Primeiro interpretarán o tema tradicional Nana para la muñeca, e despois tocarán Jóvenes Aguilas. O grupo de violíns estará formado por Laura Casas, Noa Díaz, Carolina Re, Juana J. Hernández, Carolina Díaz, Ariadna Calvo, Antía Montero, Cecilia Barrado, Iván Domínguez, Xabier Novoa e Roi Manteiga. O grupo de frautas estará composto por Xoel Pulzoni, Irene Alonso, Sara García e Raquel Enriquez Rubal. Por último, Sofía Enriquez Rubal será a encargada de tocar o saxo.
A continuación, subirá ao escenario o cuarteto de saxofóns composto por Juan A. Martínez Pereiro, David Sanjiao del Río, David R. Paz Ferreira e José María Blanco Pampín, que interpretarán os temas de América e América Latina; Smooth, Gonna fly now e Peter Gun. Ademais, a orquestra de guitarras da EMMA tocarán unha selección de temas dos Beathles (pop inglés), mentres que os rapaces e rapazas de canto moderno centraranse no rock estadounidense interpretando os temas Highway to hell, de ACDC, Sweet child O´mine, de Guns N`Roses, e It´s The final countdown, de Europe.
A orquestra de violíns (Iria Güimil, Nuria Cal, Xabier Novoa e Roi Manteiga) volverá ao escenario, esta vez, para interpretar unha mostra de temas de Rusia. A orquestra de violíns estará acompañada das frautas (Iría Dorrego, leire Gallego, Andrea Riviero e Anxo Cabañas), dun saxo (David Ramón Paz) e dunha guitarra (Javier Abel). Interpretarán a canción tradicional rusa Tres danzas rusas e mailo tema Pesadillas de Aga. A orquestra de ventos e percusión centrarase na música escocesa. Esta orquestra estará acompañada da solista, Camen Castro, para interpretar o tema popular escocés, Outlander.
O concerto de Entroido pecharase coa actuación do combo xuvenil, que interpretará varios temas de artistas ingleses. Así, cantarán Wish you where here, de Pink Floyd; A hard days night, de The Beathles; Do iwanna know, de Arctic Monkeys; e Like I can de San Smith. Por último, os integrantes do combo de adultos interpretarán tres temas de artistas de Estados Unidos: Hit the road jack, de Ray Charles; I say a little, de Aretha Franklin; e El rock de la cárcel, de Elvis Presley.




