Pestanas principais

Este venres, 2 de decembro, ás 20:00h, celébrase no Milladoiro o acto de acendido do alumeado de Nadal

Xoves, 01 de decembro de 2016

[01-12-2016] Ás 20:00 horas, desenvolverase o acto de acendido das luces de Nadal, unha decoración que o Concello manterá ata o día 6 de xaneiro. Este ano o alumeado contará con máis de 100 arcos e máis de 30 postes, que estarán colocados en farois e diferentes tipo de adornos en árbores e prazas. Neste evento participará o coro Son Elas, que lle porá un toque musical a este acto municipal co se dá por iniciado o período de Nadal no concello de Ames.