[22-11-2012] O obradoiro de conservación caseira e natural, que se está desenvolvendo na Aula da Natureza, está tendo moi boa aceptación entre a veciñanza amiense. Un clara mostra disto son as 24 persoa que participan nesta iniciativa dende o pasado mes de outubro. Esta actividade está divida en tres xornadas. Este sábado, 24 de novembro, desenvolverase a terceira e última xornada na que se tratará a salmoira e a desecación de alimentos. Anteriormente, abordáronse outros métodos como o conxelado, o afumado e o escabeche de alimentos. Este obradoiro desenvólvese en horario de 11:00 h a 13:30 horas.
Este sábado, 24 de novembro, desenvolverase a terceira e última xornada do obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos. Nesta xornada tratarase a salmoira e a desecación de alimentos. Explicarase o papel que desenvolve o sal en distintas concentracións para a elaboración de diversos produtos como a orella de porco e a conservación de anchoas, aceitunas, etc. Tamén se falará sobre os distintos métodos de secado dos produtos do mar de Galicia. Este é un dos métodos de conservación máis comúns que se emprega nas vilas da costa galega e que se utiliza de forma complementaria a outros métodos de conservación.
Anteriormente, xa se desenvolveron outras dúas xornadas deste obradoiro. Esta actividade comezou o pasado 20 de outubro cunha charla sobre as causas de deterioro dos alimentos. A técnica responsable da Aula da Natureza explicou o xeito de facer correctamente a conservación e introduciu aos asistentes no proceso de conxelado, así como as bases de seguridade que hai que adoptar no consumo destes alimentos. No apartado de conservación fíxose fincapé nos procesos de esterilización que hai que adoptar. Rematada a explicación pasouse á parte práctica na que se elaborou cabelo de anxo, salsa de tomate e marmelo de mandarina. A receita do cabelo de anxo tivo moita aceptación entre os participantes pensando nos doces que se preparan durante as datas de Nadal.
O obradoiro continuou o sábado 17 de novembro. Na segunda xornada completouse a explicación do proceso de conxelado e abordouse o proceso de afumado e escabeche. Falouse do papel do fume como inhibidor de osíxeno que causa o deterioro e enranciamento das graxas, así como o papel dos ácidos que provocan o crecemento bacteriano. Por outra banda, os participantes puideron realizar un afumado caseiro de peixe e elaboraron un escabeche de mexillón.
Dende a Aula da Natureza destacan que a pesar de ser a primeira vez que se imparte este obradoiro está tendo moi boa aceptación entre a veciñanza amiense. Ademais, cómpre destacar a colaboración e o bo ambiente que hai entre todos os participantes. Unha boa mostra do gran interese que está espertando esta actividade é a ampla lista de agarda que hai para participar neste obradoiro. Debido a isto, dende a Concellaría de Medio Ambiente decidiuse repetir esta actividade a partir do próximo mes de xaneiro.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Este sábado remata o obradoiro de conservación caseira e natural dos alimentos"




