Pestanas principais

Este sábado celébrase unha pedalada intermunicipal entre a Alameda compostelá e O Milladoiro

Venres, 22 de setembro de 2017

[22-09-2017] Co gallo da Semana da Mobilidade, o Concello de Ames e o de Santiago organizaron para este sábado, 23 de setembro, unha pedalada intermunicipal que discorrerá entre a Alameda compostelá e a localidade amesá do Milladoiro. Na iniciativa colaboran o Club BTT Milladoiro e a Asociación Cívica de Compostela.


Este sábado, 23 de setembro, vaise celebrar unha pedalada intermunicipal entre a Alameda de Santiago e O Milladoiro. A ruta incluirá o regreso ata Conxo, onde se vai celebrar un picnic de convivencia entre as persoas participantes. A saída será ás 11:00 horas desde a Alameda compostelá. A chegada ao parque do Penedo, en Conxo, está prevista para as 13:30 horas. A duración do picnic será dunha hora.

A pedalada, que está dirixida a persoas maiores de 7 anos, será de 12 quilómetros de distancia, contando os quilómetros de ida e volta. Haberá servizo de vehículo-escoba para bicicletas e participantes, evitando que persoas con dificultades teñan que subir costas. A ruta foi organizada por Composcleta.