Pestanas principais

Este sábado celébrase na praza do Concello, en Bertamiráns, o acto de acendido das luces de Nadal

Venres, 09 de decembro de 2022

Este sábado, 10 de decembro, ás 18.00 horas, na praza do Concello, está previsto que se celebre o acto de acendido das luces de Nadal. Actuará a Escola Municipal de Música de Ames e haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. Este ano non se vai desvelar ata o momento de acender as luces a persoa que premerá o botón de acendido. Este ano vaise a reducir o horario de acendido do alumeado de Nadal. Estará acendido en horario de 18.00 a 00.00 horas dende este sábado, 10 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído). A programación de Nadal ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A programación de Nadal do Concello de Ames arranca este sábado, 10 de decembro, co acto de acendido das luces de Nadal, que se levará a cabo na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 18.00 horas. O acto contará cunha actuación dos rapaces e rapazas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), e os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de chocolate con churros. Este ano non se desvelará a persoa que premerá o botón de acendido das luces de Nadal ata momentos antes de facelo.

Instaláronse máis de 130 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas por todo o concello. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos como unha árbore artificial iluminada de 15,5 metros na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio, no Milladoiro, onde se atopa o SuperCor; e unha bola xigante de 5,5 metros de diámetro na praza da Madalena, tamén no Milladoiro.

Ademais, colocouse unha “a” de Ames xigante na praza do Concello; e un motivo luminoso co número 2023 de dous metros de alto na praza da Maía, en Bertamiráns. Tamén se instalou unha manta de luces que se colocou como se fose un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro.

As rúas que disporán de decoración son aquelas que concentran un maior número de paseantes, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanaranse tamén para as festas. Así mesmo, as persoas que visiten os principais núcleos urbanos serán recibidas e despedidas con mensaxes de Boas Festas, que se situarán nas entradas e saídas dos principais tramos municipais.

Este ano vaise a reducir o horario de acendido do alumeado de Nadal para dar cumprimento á norma publicada polo Goberno central sobre aforro enerxético. Deste xeito, o alumeado permanecerá acendido en horario de 18.00 a 00.00 horas dende este sábado, 10 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Las luces adelantan la Navidad"

O Concello instalou 130 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas