[07-03-2018] Co obxectivo de sufragar os billetes de avión das cativas e cativos saharauís que veñen cada verán a Galicia, a través do programa Vacacións en Paz da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, as familias de acollida de Ames, Santiago, Brión e Teo organizan anualmente unha cea solidaria. A cea deste ano, que terá lugar este sábado a partir das 21:00h no restaurante compostelán Paz Nogueira, contará cun menú adulto de 25 euros e outro infantil de 15€. Para asistir pódese contactar con Esther Ybarra, voceira na zona de Sogaps, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45 ou enviando un correo ao enderezo electrónico eybarra.sogaps@gmail.com. A cea deste ano estará ambientada na década dos anos 60, baixo o lema "make love not war".




