Pestanas principais

Este sábado, 27 de xuño, reabren 10 parques infantís máis no concello de Ames

Sábado, 27 de xuño de 2020

O Concello de Ames vai abrindo progresivamente os seus parques infantís, despois de adoptar en cada un deles as correspondentes medidas de desinfección e seguridade. Hoxe, sábado 27 de xuño, o número de parques infantís abertos actualízase a 27, coa apertura dos parques de As Mimosas, Seidón, Biduido, Cruxeiras, Covas, Castiñeiro do Lobo, Ventín, Proupín, Piñeiro e Trasmonte. Reitérase a necesidade de actuar con RESPONSABILIDADE E SENTIDIÑO, e seguir cumprindo coas medidas de seguridade impostas polas autoridades sanitarias.

Tal e como se indica na Resolución publicada o 13 de xuño no DOG, os parques infantís e espazos de uso público ao aire libre poderán estar abertos ao público sempre que se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto. Para iso, durante estes días o Concello de Ames estivo estudando o aforo do que dispón cada un dos parques infantís e adaptándoos a esta nova realidade.

Despois da actualización de hoxe, coa reapertura de 10 parques infantís máis, os 27 parques que se encontran abertos son:
    • O parque de As Mimosas (aforo de 5 crianzas con acompañante).
    • O parque da rúa Seidón (aforo de 13 crianzas con acompañante).
    • O parque de Biduído (aforo de 6 crianzas con acompañante).
    • O parque de Cruxeiras (aforo de 17 crianzas con acompañante).
    • O parque de Covas (aforo de 9 crianzas con acompañante).
    • O parque de Castiñeiro do Lobo (aforo de 20 crianzas con acompañante).
    • O parque de Ventín (aforo de 12 crianzas con acompañante).
    • O parque de Proupín (aforo de 11 crianzas con acompañante).
    • O parque de Piñeiro (aforo de 12 crianzas con acompañante).
    • O parque de Trasmonte (aforo de 16 crianzas con acompañante).
    • O parque da praza Santander (aforo de 7 crianzas con acompañante).
    • O parque da praza de Correos (aforo de 10 crianzas con acompañante).
    • O parque de Agro do Muíño (aforo de 8 crianzas con acompañante).
    • Os parques do Ameneiral (aforo de 17 e 12 crianzas con acompañante).
    • O parque de area de Aldea Nova (aforo de 30 crianzas con acompañante).
    • O parque de caucho de Aldea Nova (aforo de 24 crianzas con acompañante).
    • O parque de Estivada de Castelao (aforo de 14 crianzas con acompañante).
    • O parque de Horta de Abaixo (aforo de 19 crianzas con acompañante).
    • O parque da Rúa Travesa (aforo de 27 crianzas con acompañante).
    • O parque da Travesía do Porto (aforo de 38 crianzas con acompañante).
    • O parque da Guimaráns (aforo de 12 crianzas con acompañante).
    • O parque de Augapesada (aforo de 14 crianzas con acompañante).
    • O parque da Condomiña (aforo de 12 crianzas con acompañante).
    • O parque da rúa Pesqueiras (aforo de 7 crianzas con acompañante).
    • O parque da rúa Pardiñeiros (aforo de 15 crianzas con acompañante).
    • O parque de Manuel Murguía (aforo de 6 crianzas con acompañante).

Carteis informativos coas medidas a adoptar
En cada un dos parques mencionados anteriormente hai cartelería informativa coas medias de seguridade e prevención a adoptar, así como a limitación de aforo de cada un. Entre as medidas a adoptar encóntranse establecer unha distancia interpersoal de 1,5 metros, o uso obrigatorio de máscara e empregar o xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos.

Dende o Concello de Ames prégase á cidadanía amesá concienciación e responsabilidade, e o cumprimento das normas polo ben común, para evitar así retrocesos no control da pandemia da Covid-19.

 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames reabre diez áreas infantiles"

Cartel informativo dos parques infantís abertos