Pestanas principais

Este sábado, 27 de abril, impártese un curso de defensa persoal feminina

Mércores, 24 de abril de 2019

A Concellaría de Deportes, en colaboración co Club Deportivo Karate Ames, organiza un curso de defensa persoal feminina. Esta actividade impartirase este sábado, 27 de abril, en horario de 11.00 a 13.00 horas, no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns. O número de prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deben darse présa en inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo cd_karate_ames@yahoo.es ou chamando ao número de teléfono 608 251 112. A inscrición neste curso é totalmente gratuíta.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames organiza un curso de defensa persoal feminina que será impartido por persoal do Club Deportivo Karate Ames. A través deste taller impartiranse unha breve parte teórica na que se darán unha serie de consellos para evitar posibles situacións de risco. Tamén se falará de cuestións legais, pero a parte máis extensa será a práctica. Deste xeito impartiranse unha serie de técnicas moi sinxelas para tratar de defenderse ante unha ameaza ou agresión.

O persoal do Club Deportivo Karate Ames aconsellará as participantes sobre como teñen que actuar se as agarran por diante, por detrás ou se teñen que enfrontarse a outras situacións. Tamén se incidirá no importante que é manter a calma nese momento, algo que é moi difícil pero que é determinante para poder executar a técnica que se lles ensinara de xeito correcto. Deste xeito, dende este club amesán achegan a súa colaboración para facer este curso de defensa, que está tendo moi boa resposta por parte da veciñanza e no que xa hai un gran número de inscricións.

O número de prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deben darse présa en inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo cd_karate_ames@yahoo.es ou chamando ao número de teléfono 608 251 112. A inscrición neste curso é totalmente gratuíta. Esta actividade impartirase este sábado, 27 de abril, en horario de 11.00 a 13.00 horas, no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns.

Ligazóns

Este sábado, 27 de abril, impártese un curso de defensa persoal feminina