Pestanas principais

Este sábado, 19 de outubro, desenvolverase a primeira xornada do obradoiro Mapas do ceo con chocolate, no que se completaron todas as prazas ofertadas

Venres, 18 de outubro de 2013

[18-10-2013] O obradoiro Mapas do ceo con chocolate, que organizou a Concellaría de Medio Ambiente, para os sábados 19 e 26 de outubro, tivo moi boa acollida entre os nenos e nenas de Ames. Deste xeito, completáronse as 20 prazas ofertadas para esta actividade. Neste obradoiro os rapaces e rapazas poderán coñecer as principais constelacións de estrelas como a Cruz do Sur ou a Osa Menor, entre outras. Ademais, os participantes realizarán unha maqueta para buscar no ceo a Estrela Polar e un proxector de constelacións. Para facer máis ameno este obradoiro os nenos e nenas poderán degustar unha saborosa cunca de chocolate quente.

Este sábado, 19 de outubro, comeza a programación de actividades da Aula da Natureza cun obradoiro denominado Mapas do ceo con chocolate. Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 6 a 14 anos, desenvolverase os sábados 19 e 26 de outubro en horario de mañá, entre as 11:30 h e as 13:30 horas. Nesta nova actividade os rapaces e rapazas aprenderán a diferenciar as diferentes estrelas e constelacións que existen. Os participantes neste obradoiro poderán coñecer as principais constelacións de estrelas como a Cruz do Sur ou a Osa Menor, entre outras. Tamén coñecerán a importancia da Estrela Polar no hemisferio norte e e explicáraselle como localizala no ceo.

O ser humano necesita ter no ceo diferentes puntos de referencia para orientarse. Esta é un das principais funcións das estrelas para os seres humanos. Outra das funcións que teñen as estrelas para os seres humanos é marcar o cambio de estación. Ademais, os nenos/as coñecerán os motivos que levaron a relacionar as distintas constelacións cunha forma xeométrica ou cunha determinada figura. Tamén aprenderán máis polo miúdo diferentes aspectos da mitoloxía que hai arredor das estrelas e das constelacións.

Parte práctica
Na parte práctica, os rapaces e rapazas elaborarán unha maqueta que lles servirá para buscar no ceo a Estrela Polar. Esta maqueta está composta polas constelacións da Osa Maior, a Osa Menor e de Casiopea. Por outra banda, partindo da reciclaxe de botes de patacas fritas, farán un proxector de constelacións. Os nenos/as poderán elixir as constelacións que máis lle gusten ou a do seu horóscopo para poder ver a través do seu proxector. No descanso do obradoiro os nenos e nenas poderán degustar unha saborosa cunca de chocolate quente.