Pestanas principais

Este sábado 17 de xuño o Club Meigas celebra o seu día

Xoves, 15 de xuño de 2017

[15-06-2017] O sábado, 17 de xuño, o fútbol club Meigas celebra o fin de tempada cunha tarde chea de actividades, que se desenvolverán tanto na piscina coma no pavillón municipal de Bertamiráns. Á partir das 17:00 horas, será o momento de tomar un baño e gozar dos inchables. Ás 18:30h está programada unha merenda para coller forzas para os partidos posteriores, os cales terán lugar ás 19:30h (nais vs local/alevín/benxamín) e ás 20:30h (pais vs provincial). A xornada rematará ás 21:30h con regalos para todas.