Pestanas principais

Este mércores impártese unha nova charla do programa “Falemos de saúde” na que se falará da correcta administración de fármacos e da organización do tratamento

Luns, 17 de decembro de 2018

[17-12-2018] O local de JUPEMI, situado no Milladoiro, acollerá este mércores, 19 de decembro, unha nova charla do programa municipal “Falemos de Saúde”. Nesta ocasión o obradoiro, que comezará as 17.30 horas, será impartido por Ubaldo Fernández (coordinador do servizo de enfermería do Centro de saúde de Bertamiráns) e Natalia Martínez-Reboredo (farmacéutica). Ambos profesionais falarán da correcta administración de fármacos e organización do tratamento.


Ao abeiro do programa “Falemos de Saúde”, que se leva impartindo dende o pasado 9 de maio, o local de persoas xubiladas JUPEMI, situado no Milladoiro, acolle unha nova sesión este mércores, 19 de decembro. Esta charla, que comezará ás 17.30 horas, tratará sobre a correcta administración de fármacos e organización do tratamento. Esta actividade será impartida por Ubaldo Fernández (coordinador do servizo de enfermería do Centro de saúde de Bertamiráns) e Natalia Martínez-Reboredo (farmacéutica).

Esta edición do programa “Falemos de saúde”, organizado polo Concello de Ames en colaboración coa Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), constou de varias charlas-obradoiros que xiraron en torno á saúde, tanto física como emocional. O programa inaugurouse o pasado 9 de maio coa celebración dunha charla centrada no exercicio físico na terceira idade. Coa charla desta semana péchase o programa de 2019.

Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "Hoxe mércores impártese unha nova charla do programa Falemos de saúde"