[24-12-2012] A Casa da Cultura do Milladoiro acolle unha nova sesión de teatro infantil o mércores 26 de decembro, ás 17:00 horas, coa representación da peza teatral O gato manchado e a andoriña Siñá, a cargo da compañía Teatro do Morcego. Esta actividade enmárcase dentro da programación cultural do Nadal 2012. Xa se pode facer a reserva de entradas a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. Esta peza teatral é unha comedia que ten unha duración de 60 minutos e que está dirixida ao público infantil.
Esta semana volve o teatro infantil a Ames da man da compañía Teatro do Morcego, que representará o peza teatral O gato manchado e a andoriña Siñá. Trátase dunha historia dun gato que se apaixona por unha andoriña causando estrañeza en todos os outros animais que vivían nun parque. A andoriña está prometida con Ruiseñor, pero, ao mesmo tempo, incentiva o amor do gato. Ocorren cousas raras, moi moi raras; o gato escribe poemas, os dous pasean xuntos mentres os outros personaxes condenan o amor imposible...
Esta peza teatral é unha comedia que ten unha duración de 60 minutos e que está dirixida ao público infantil. O elenco desta obra de teatro está composto por Carlos Mosquera “Mos”, Celia González, Mundo Villalustre, Marian Rei, María Veiga, mentres que da dirección encárgase Jose Prieto.
As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura do Milladoiro. O prezo das entradas é de 4 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. Tamén se poden reservar as entradas, para iso hai que chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo á direccióncultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 16:00 h e as 16:30 horas. As entradas que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 16:30 horas.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Teatro do Morcego representa en Ames a peza O gato manchado e a Andoriña Siñá"




