[25-06-2013] O Concello de Ames, a través da concellaría de Cultura, informa de que este mércores 26 de xuño, ás 16:30 horas, celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro o sorteo de prazas da Escola Municipal de Música de Ames. Así mesmo, cómpre destacar, que para os grupos de música e movemento non é preciso realizar o sorteo.
Entre o 27 de xuño e o 3 de xullo, as persoas que lles falte por entregar a domiciliación bancaria ou a documentación xustificativa de bonificacións ou exencións de matrícula, terán que entregala no Rexistro municipal.
Posteriormente, do 8 ao 15 de xullo os/as interesados/as recibirán un correo electrónico no que se achegará a folla de autoliquidación co importe da matrícula (50 euros), coa que teñen que ir a pagar a algunha das entidades bancarias que aparecen nesa folla. Este correo será enviado desde as oficinas de recadación do Concello de Ames.
Recordar tamén que o venres 13 de setembro, ás 20:00 horas, na aula 7 do Centro de Aldea Nova haberá unha reunión informativa sobre o inicio de curso xa que as clases comezarán a semana do 16 de setembro.