Pestanas principais

Este mércores, 20 de xuño, celébrase o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames

Martes, 19 de xuño de 2018

[19-06-2018] Este mércores, 20 de xuño, o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames celebra o seu tradicional concerto de fin de curso. Este ano o concerto está baseado no conto “Arroás O Barco Escola”, do libro Mar Adiante, de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano no Día das Letras galegas. O concerto será ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Deste xeito, ponse punto e final ao curso 2017-2018 da EMMA.


Un vello mariñeiro xubilado, decide montar unha escola diferente, na que todos son capitáns, para mostrarlle aos alumnos/as o mundo que os rodea, as pequenas cousas: as marabillas do día, a sabedoría da noite... o mundo que temos diante é o mellor mestre que calquera de nós podemos ter”. Este ano o concerto do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames estará baseado no conto Arroás O Barco Escola, do libro Mar Adiante, de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano no Día das Letras galegas.

Como xa é costume no concello, o alumnado da EMMA celebra este mércores, 20 de xuño, o seu concerto de fin de curso. A actuación será ás 19.30, na Casa da Cultura do Milladoiro. En primeiro lugar os alumnos e alumnas de música e movemento interpretarán o tema Arroás o barco escola e Soños de madeira e metal. A continuación será a quenda da agrupación de violíns que tocarán Greenslleeves “Xoves Águias”.

O concerto continuará co alumnado de linguaxe musical, coro, saxo e percusión que interpretarán o tema Aventuras de sal; o alumnado de coro e piano interpretará O Canto das sereas; e os de coro cantarán Cannon son de Aeolus. De seguido, os alumnos e alumnas de percusión tocarán Yesterday e Best it; o grupo de violíns, Pesadelos de Aga, tocarán o tema Hallelujah.

O concerto seguirá coa actuación dos grupos de frautas; e de frautas, saxo e violín. O grupo de saxos tocarán The Monk`s song e Summer nights. Os grupos de saxo e percusión tocarán Patricia (Mambo); o alumnado de piano Canduro; e os grupos de saxo e guitarras O salto da balea. O alumnado de canto cantará Freedom. E por último, os alumnos e alumnas de combo tocarán os temas Get lucky, Ese viejo rock and roll, e Frío.

Contido relacionado


Lindeiros: "Concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames"