Pestanas principais

Este mércores, 14 de xuño, celebrouse o último pleno do mandato 2019-2023

Xoves, 15 de xuño de 2023

Este mércores, 14 de xuño, ás 20:30 horas, celebrouse o último pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobouse a acta do pleno ordinario de maio celebrado o pasado 11 de maio, que estaba pendente de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 17 de xuño, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2023-2027 no que se desenvolverá o acto de investidura do alcalde. O pleno de constitución da nova Corporación municipal emitirase por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Tal e como recolle o artigo 36 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) procede celebrar tres días antes da sesión constitutiva da nova Corporación Local, que terá lugar o sábado, 17 de xuño, unha última sesión plenaria co fin de aprobar as actas anteriores.

Deste xeito, nesta sesión plenaria aprobouse a acta do pleno ordinario de maio (celebrado o pasado día 11 de maio), que estaba pendente de aprobar por parte da Corporación municipal. O vindeiro sábado, 17 de xuño, comezará un novo mandato. Deste xeito, celebrarase o primeiro pleno do mandato 2023-2027 no que se desenvolverá o acto de investidura do alcalde. O pleno de constitución da nova Corporación municipal emitirase por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Comisións informativas
Ademais, previamente ao inicio do pleno realizouse unha sesión extraordinaria das comisións informativas (Comisión Informativa permanente de Educación, Cultura, Lingua e Mocidade; Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas; Comisión Informativa permanente Benestar Social e Promoción da Saúde; Comisión informativa permanente de Transición Ecolóxica; Comisión Informativa permanente Desenvolvemento Urbano, Patrimonio Municipal, Medio Ambiente e Obras e Servizos; e Comisión informativa permanente de Administración Xeral e Atención Veciñal), para abordar as actas que estaban pendentes de aprobación.

Imaxe do pleno do 14 de xuño

Multimedia

  • Este mércores, 14 de xuño, celebrouse o último pleno do mandato 2019-2023
  • Este mércores, 14 de xuño, celebrouse o último pleno do mandato 2019-2023