Pestanas principais

Este mércores, ás 12:00 horas, realízarase unha concentración en repulsa da violencia machista en Bertamiráns e no Milladoiro

Martes, 21 de febreiro de 2017

[21-02-2017] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, convoca para este mércores, 22 de febreiro, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas Municipais en Milladoiro, en repulsa do asasinato acontecido este pasado luns na parroquia de Chapela (Redondela) e no que mataron a unha muller de 52 anos.

Deste xeito, convídase a todo o persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Ames a que participen nesta concentración contra a violencia machista na que se gardará un minuto de silencio pola vítima.

O Concello de Ames pon a disposición de todas aquelas mulleres que precisen información sobre o maltrato teléfonos de atención dos Servizos Sociais de Bertamiráns, 981 890 964, e dos Servizos Sociais do Milladoiro, 981 535 941. Ademais, tamén poden recibir atención no 016, o Teléfono da Muller.