Pestanas principais

Este martes chega á Casa da Cultura do Milladoiro a obra de teatro “Oh, que bonito é Panamá”

Luns, 02 de xaneiro de 2012

[02-01-2012] A compañía Panamesiana Teatro achega este martes á Casa da Cultura do Milladoiro a obra Oh, que bonito é Panamá!, unha adaptación dun conto infantil de Janosch. Esta obra será representada este martes 3 de xaneiro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta obra de teatro xa foi representada o pasado 9 de outubro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Agora, despois do éxito de público que tivo en Bertamiráns, será representada no Milladoiro.

A obra de teatro Oh, que bonito é Panamá! ten unha duración de arredor dunha hora. Na función actuarán, para deleitar aos máis pequenos, Mónica García, Tomás Lijó e Petra Hofmann. Esta obra pretende ser un xogo de teatro, monicreques, música e clown tendo a inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas principais.

Esta representación teatral enmárcase dentro da programación cultural e deportiva de Nadal. A programación teatral do Concello de Ames está repartida entre Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais, está pensada tanto para o público infantil como adulto. A programación está incluída dentro das obras de teatro que ofrece a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Ao mesmo tempo o Concello de Ames forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o que permite traer a Ames obras de teatro de gran calidade e sona.

A programación teatral no Concello de Ames continua o vindeiro venres 13 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns coa obra Cociña económica, de Mofa e Befa. Esta peza teatral ten unha duración de 60 minutos.

Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan sequera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público, que asiste enganado, ás veces mesmo obrigado (todos temos compromisos ineludibles) á representación. Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Este martes chega á Casa da Cultura do Milladoiro a obra de teatro Oh, que bonito é Panamá"