Pestanas principais

Este martes, 1 de decembro, inaugúrase a exposición de pintura do irmán Luís de Oseira que leva por título Con ollos de misericordia...

Luns, 30 de novembro de 2015

[30-11-2015] Este martes, 1 de decembro, inaugúrase a exposición de pintura do irmán Luís de Oseira que leva por título Con ollos de misericordia..., adicada á Virxe María. A inauguración da mostra será as 20:00 h da tarde no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e contarán coa presenza do autor das obras. Permanecerá aberta ata o día 7 de decembro.

O irmán Luís de Oseira amosará unha pequena mostra da súa extensa obra en Bertamiráns, no Pazo da Peregrina. A inauguración será o día 1 de decembro, ás 20:00 horas da tarde, e a ela asistirá o autor das pezas expostas. Permanecerá aberta ata o día 7 de decembro.

Na exposición, a primeira deste artista en Bertamiráns e que leva por título Con ollos de misericordia..., poderemos ver un total de 15 pezas que combinan diferentes técnicas pictóricas pero teñen un tema en común, a Virxe María. En palabras do irmán Luís, “será unha mostra de interesantes pinturas relacionadas coa Virxe María e con Cristo como a súa motivación. Ademais, o peche da mostra farase o véspera do día da Inmaculada”.

Esta mostra de pintura está organizada pola parroquia de Ortoño, en colaboración co Concello de Ames. O irmán Luís dedica unhas palabras de agradecemento para toda a xente que a fai posible; “esta exposición faise pola solicitude dos veciños de Ortoño, xente moi querida, vai a ser unha exposición feita con moito cariño. Tamén quería agradecer a todas as instancias oficiais que colaboraron coa mostra e sería unha honra para min que asistisen a gozar dela e desexarlles os mellores augurios para a presente lexislatura”.

Toda unha vida adicada ó arte
O irmán Luís de Oseira naceu en Madrid no 1946 e é licenciado en Belas Artes. Chegou ó mosteiro de Oseira no ano 1975, e comezou as súas actividades artísticas con literatura de carácter espiritual. As súas exposicións sucédense ao longo de todos estes anos amosando coñecementos en diversas disciplinas artísticas: pintura, gravado, decoración de estancias, ilustracións para libros, e incluso un cómic de 300 páxinas.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "El hermano Luís lleva su arte al Pazo da Peregrina"