[26-08-2017] O curso, que está organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ames (OMIX), incluirá contidos básicos sobre primeiros auxilios no medio natural. O prazo de inscrición permanecerá aberto desde este luns, 28 de agosto, ata o vindeiro 8 de setembro. O curso, que contará cun número máximo de 20 alumnas e alumnos por lugar de impartición, será gratuíto. Impartirase nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.
Dirixido a mozas e mozos maiores de 16 anos, o curso de primeiros Auxilios na Natureza contempla unha formación básica que comprende desde a intervención fronte feridas, contusións, queimaduras ou traumatismos, ata o mantemento do soporte vital básico e a inmobilización de persoas enfermas ou feridas.
A metodoloxía de aprendizaxe estará baseada na adquisición de habilidades mediante a posta en práctica dos aspectos teóricos e prácticos ligados á intervención en primeiros auxilios. A avaliación, pola súa banda, atenderá aos seguinte criterios: unha asistencia mínima do 90% ás sesións do curso, xunto dunha análise sobre os coñecementos e habilidades adquiridas. Asemade, tras a fase de importación das accións formativas, o impacto das mesmas será avaliado a través de enquisas de satisfacción, de casos prácticos e dun informe do equipo docente, onde se recollerá a información proporcionada polas e polos asistentes.
O curso de primeiros auxilios na natureza terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro. En Bertamiráns, o curso impartirase os días 18, 20, 25 e 27 de setembro e o 2, 4 e 9 de outubro. No Milladoiro, as aulas serán os días 19, 21, 26 e 28 de setembro e o 3, 5 e 10 de outubro. As sesións formativas terán o seu inicio ás 18:00 horas, tendo unha duración de 3 horas, coa excepción das dúas últimas sesións que serán de 2,5 horas.
Aberto o prazo ata o vindeiro 8 de setembro
Para inscribirse neste curso é preciso entregar no Rexistro Municipal o formulario de inscrición debidamente cumprimentado, xunto cunha fotocopia do DNI. O formulario poderá obterse nas oficinas municipais de Información Xuvenil, a través da páxina web municipal ou mediante o correo electrónico omix@concellodeames.gal. O curso, que contará cun número máximo de 20 alumnas e alumnos por lugar de impartición, será gratuíto.




