Venres, 29 de setembro de 2017
[29-09-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura, informa de que este luns, 2 de outubro, comezan as clases do curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Ames e nas Escolas Culturais de Teatro, Artes Plásticas e Baile. As clases da EMMA impartiranse nas aulas que están situadas no Centro de usos múltiples da urbanización de Aldea Nova, mentres que as clases das Escolas Culturais impartiranse nos lugares e horarios xa establecidos con anterioridade.




