[08-10-2011] A programación teatral no Concello de Ames achega o vindeiro domingo á Casa da Cultura de Bertamiráns a obra Oh qué bonito é Pánama!, unha adaptación dun conto infantil de Janosch levada a cabo por Panamesiana Teatro. Esta obra será representada este domingo 9 de outubro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O luns 10 de outubro haberá unha sesión escolar desta mesma obra de teatro. Arredor de 120 nenos/as poderán gozar dun pase especial ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Do CEIP Agro do Muíño asistirán 100 nenos/as de primeiro e segundo de primaria, mentres do CEIP de Barouta asistirán 20 rapaces e rapazas de segundo de primaria.
A obra de teatro Oh qué bonito é Panamá! Ten unha duración de arredor de unha hora na que actuarán para deleitar aos máis pequenos Mónica García, Tomás Lijó e Petra Hofmann. Esta obra pretende ser un xogo de teatro, monicreques, música e clown tendo a inocencia, a amizade o respeto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas principais.
A Concellaría de Cultura pechou xa a programación teatral do último trimestre deste ano. A veciñanza amiense poderá gozar de 11 representacións teatrais durante os meses de outubro, novembro e decembro. Esta programación está repartida entre Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais está pensada tanto para o público infantil como adulto. Deste xeito catro representacións teatrais estarán dirixidas ao público infantil, cinco están pensadas para público infantil e dúas para todos os públicos. Esta programación está incluída dentro das obras de teatro que ofrece a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Ao mesmo tempo o Concello de Ames forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o que permite traer a Ames obras de teatro de gran calidade e sona. Durante o período estival suspendéronse este tipo de actividades. Agora co comezo do outono vólvense a retomar.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Mañá chega a Ames a obra de teatro Oh, que bonito é Panamá"




