Pestanas principais

Este domingo, 12 de xullo, celébrase a XI Festa do chourizo ao viño e a IV Degustación da orella de porco cocida

Venres, 10 de xullo de 2015

[10-07-2015] O campo da festa de Ortoño acolle este domingo, 12 de xullo, a décimo primeira edición da Festa do chourizo ao viño e a cuarta edición da Degustación da orella de porco cocida. A asociación gastronómica, recreativa e cultural do chourizo ao viño organiza un ano máis esta festividade onde a veciñanza poderá adquirir por 8 euros unha tarteira de barro con cachelos e chourizos. Neste prezo tamén ser inclúe a bebida, o pan e a sobremesa (xeado e café). A ración de orella de porco cocida terá un prezo de 4 euros e tamén inclúe pan e bebida. O Concello de Ames colabora na organización deste evento, que está dirixido a todos os públicos. Haberá carpa e inchables gratis para os nenos e nenas.

A festa dará comezo ás 12:15 horas da mañá coa celebración dunha misa solemne. A partir das 13:00 horas, comezará a degustación dos chourizos ao viño con cachelos e da orella de porco cocida, todo isto regado con viño do Ribeiro. De sobremesa haberá xeado e café.

A veciñanza amiense e todas aquelas persoas que se acheguen a esta festa poderán adquirir por 8 euros unha tarteira de barro con cachelos e chourizos. Neste prezo tamén ser inclúe a bebida, o pan e a sobremesa (xeado e café). A ración de orella de porco cocida terá un prezo de 4 euros e tamén inclúe pan e bebida. A degustación estará amenizada polo grupo de música tradicional A Requinta da Maía. De seguido, actuará o dúo Eva e Camilo, que actuará pola tarde. Ademais, a partir das 16:00 horas haberá unha actuación de Miguel Torres. 

Este domingo haberá divertimento para todos os grupos de idade. Os máis novos poderán gozar xogando nos inchables, que serán gratis, mentres que os maiores poderán xogar, a partir das 18:00 horas, á chave no campionato de chave por parellas. A inscrición deberá realizarse ata as 17:30 horas do mesmo día. As tres primeiras parellas gañarán un trofeo que está doado polo Concello de Ames.

Para rematar, desenvolverase a actividade Cine na Carballeira coa proxección da película española Ocho apellidos vascos. Este filme está protagonizado por Clara Lago, Dani Rovira, Carmen Machi y Karra Elejalde.

Xantar na Ameixenda
A asociación cultural e de veciños da Ameixenda organiza para este domingo 12 de xullo, ás 14:30 horas, unha comida á que están convidados todos os veciños/as da parroquia e as persoas que desexen acudir. Para elo vaise colocar unha carpa no campo da festa da Ameixenda. O menú, que terá un custo de 22 euros por persoa, está composto por empanada, polbo e churrasco. Tralo comida, haberá música coa actuación dun dúo musical.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "En Ortoño se sirvieron unas 700 raciones de chorizo y oreja de cerdo"
El Correo Gallego: "Ortoño repartiu onte preto de 800 racións de chourizo ao viño e orella"