Pestanas principais

Este domingo, 1 de xuño, dispútanse as semifinais do XXXIII Trofeo de fútbol Concello de Ames

Venres, 30 de maio de 2014

[30-05-2014] Este domingo, 1 de xuño, dispútanse as semifinais do XXXIII Trofeo de fútbol Concello de Ames 2014. Ás 18:00 horas xogarase a primeira semifinal no campo municipal do Milladoiro entre o Ortoño CF e o Bugallido FC. Unha hora máis tarde, ás 19:00 horas, comezará a segunda semifinal. Neste caso disputarase no campo municipal de Bertamiráns entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC. A final disputarase o domingo 8 de xuño, ás 19:00 horas, no campo municipal de fútbol de Bertamiráns.

Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amiense posto que xa se levan disputadas trinta e tres edicións.

Neste torneo participan todos os equipos federados de Ames. En total son cinco os equipos que participan este ano nesta competición. Na fase previa o Bugallido FC gañoulle 5-1 ao Agrón FC.

Este domingo, 1 de xuño, disputaranse as semifinais deste trofeo. Ás 18:00 horas xogarase a primeira semifinal no campo municipal do Milladoiro entre o Ortoño CF e o Bugallido FC. Unha hora máis tarde, ás 19:00 horas, comezará a segunda semifinal. Neste caso disputarase no campo municipal de Bertamiráns entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC. A final disputarase o domingo 8 de xuño, ás 19:00 horas, no campo municipal de fútbol de Bertamiráns.

Reparto dos ingresos
Para este torneo os equipos poden contar cos xogadores que xa tiñan fichados para as súas respectivas ligas. Cada club puido inscribir para este trofeo un máximo de 25 xogadores e tivo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a copia de todas as fichas que inscribiu.

Os ingresos dos partidos da semifinal e final (entradas, rifas, etc.), repártense a partes iguais entre os clubs que disputan esta fase do torneo. Na final, a cada equipo dánselle 25 entradas e os prezos para todo o torneo quedan estipulados da seguinte forma: 3 euros para todos. Así mesmo os clubs comprométense a darlle 25 entradas ao Concello para a final.