Pestanas principais

Estase arranxando o peche do campo de fútbol municipal do Milladoiro

Martes, 28 de xaneiro de 2020

O peche perimetral do campo de fútbol do Milladoiro sufriu importantes danos debido ao temporal de choiva e vento que asolou Galicia a finais do pasado mes de decembro. Os postes de dito peche torceron debido á forza do vento coa conseguinte caída da estrutura. Isto ocasionou que durante este mes de xaneiro non se puideran xogar partidos de fútbol nesta instalación. Esta semana colocáronse os postes e os cables tensores. Só falta volver a colocar a rede, que está previsto que se instale esta semana, polo que se os traballos rematan estes días, durante a fin de semana poderían volver a disputarse partidos de fútbol en dita instalación.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, e mailo presidente do Milladoiro SD, Vicente “Checho” González, realizaron unha visita ao campo de fútbol do Milladoiro para comprobar como van os traballos de arranxo do peche perimetral do campo municipal de fútbol do Milladoiro. Este luns substituíronse os postes, que no seu día sufriron danos, e reforzáronse con cables tensores. Cómpre lembrar que o peche sufriu importantes danos debido ao temporal de choiva e vento que afectou Galicia a finais do pasado mes de decembro.

Susana Señorís explica que “dende o momento que o presidente do Milladoiro nos remitiu as fotos dos danos ocasionados polo temporal de decembro, comezáronse a realizar os trámites co seguro e coas posibles empresas, que reparan este tipo de instalacións, pero debido a que estábamos na época de Nadal, os traballos de reparación non avanzaron tan rápidos como desde a o departamento de Deportes nos gustaría. A día de hoxe os postes xa están repostos, polo que se non hai ningún contratempo, contamos que o vindeiro fin de semana xa se disputen os partidos previstos no calendario”.
 
Durante o mes de xaneiro non se puido empregar esta instalación para disputar partidos de fútbol, porque como é lóxico así o notificaron dende a Federación Galega de Fútbol. Debido a iso dende a Concellaría de Deportes falaron co Concello de Brión e co Concello de Padrón, para solicitar o uso dos seus campos de fútbol. Finalmente conseguiuse a cesión do campo de fútbol de Pazos (Padrón), xa que tiña dispoñibilidade de horas libres. Estas xestións realizáronse por parte do Concello de Ames, de xeito coordinado co presidente do Milladoiro e co técnico municipal de Deportes do Concello de Padrón.

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "O concello de Ames arranxa o peche do campo de fútbol do Milladoiro despois dos danos do temporal"

Lindeiros: "Reclaman o arranxo do campo de fútbol do Milladoiro"

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, e mailo presidente do Milladoiro SD, Vicente “Checho” González, realizaron unha visita ao campo de fútbol do Milladoiro para comprobar como van os traballos de arranxo do peche perimetral do campo municipal de fútbol do Milladoiro

Multimedia

  • O peche perimetral do campo de fútbol do Milladoiro sufriu importantes danos debido ao temporal de choiva e vento que asolou Galicia a finais do pasado mes de decembro
  • O peche perimetral do campo de fútbol do Milladoiro sufriu importantes danos debido ao temporal de choiva e vento que asolou Galicia a finais do pasado mes de decembro