Arranxo de peches, melloras no pavimento, na pintura e no mobiliarioe substitución de canastas e portarías son algunas das obras que a concellaría de Deportes está a executar na actualidade nas pistas polideportivas do Concello de Ames. O alcalde, Blas García, a concelleira de deportes, Susana Señorís e o técnico do departamento, Alberto Viaño, visitaron estes días as obras.
As melloras estanse a realizar en base a un informe realizado polo propio departamento no que se recollían as deficiencias das mesmas. Solicitóuse orzamento de reparación e a día de hoxe estanse a facer esas melloras.
No concello temos 16 pistas polideportivas descubertas, repartidas entre os dous núcleos urbanos, Bertamiráns e Milladoiro, e a zona rural onde tamén hai varias pistas instaladas. Estas obras de mellora comprenden actuacións nos peches, no pavimento, na pintura e no mobiliario… as obras están sendo realizadas pola empresa OMIP (Obras, Montajes, Instalaciones y Proyectos)
Na pista de Guimaráns vaise nivelar o terreno que tiña fendas. Na pista de Ventín, que ten un uso elevado, púxose un pavimento de formigón, xa que o que tiña era moi agresivo e polo uso carecía de liñas de xogo.
Noutras pistas vanse substituir canastas e porterías que non cumplen a normativa e na maioría vaise executar o repintado das liñas dos distintos campos de xogo que estaban prácticamente borrados.
“Estas actuacións eran moi necesarias xa que as pistas deportivas non son unicamente espazos para practicar deporte, senón tamen de ocio e esparcemento para os rapaces e rapazas de Ames”, declara a concelleira de Deportes de Ames, Susana Señorís.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Obras en dieciséis pistas deportivas de la capital maiana para renovarlas"
Compostela 24 Horas: "Ames realiza melloras nas pistas polideportivas descubertas do concello"