Pestanas principais

Están á venda as entradas para o espectáculo infantil Comenoites que se representa este venres en Bertamiráns

Martes, 08 de outubro de 2019

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 11 de outubro, a obra de teatro infantil, Comenoites, da compañía Os Náufragos Teatro. A obra entra dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Industrias Culturais e o Concello de Ames, na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Esta baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Haberá dúas sesións: a primeira ás 17.00 e a segunda as 18.00 horas. As entradas, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica, teñen un custo de 4 euros en tarifa xeral e 2 euros na reducida.

O espectáculo Comenoites baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite.

Comenoites é un trasgo barrigudo ao que lle encanta comer a noite para que o sol poida raiar día tras día, traendo luz, calor e cor para todos. Pero un día a lúa dille que está moi gordo e comenoites decide deixar de comer. ¿Cal é o problema? pois que, se comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol non volverá raiar nunca. ¿Volverá comer comenoites algún día? ¿Volverá raiar, daquela, o sol?

Trátase dunha fermosa historia coa que as crianzas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite. Haberá dúas sesións: a primeira 17.00 horas e a segunda ás 18.00 horas. Esta actividade está dirixida a crianzas de 2 a 5 anos. Para cada sesión ofértanse 30 entradas, máis acompañantes. As entradas pódense adquirir na Billeteira eléctrónica do Concello de Ames.

Cartel do espectáculo Comenoites