Pestanas principais

Están expostas as listas provisionais de admitidos dos servizos complementarios

Venres, 01 de xuño de 2012

[01-06-2012] O Concello de Ames informa de que están expostas as listas provisionais de admitidos nos servizos complementarios. As persoas que desexen presentar algunha reclamación teñen un prazo de 10 días hábiles a partir do 2 de xuño. Posteriormente, as persoas que teñan aos seus fillos/as admitidos neste servizos terán que formalizar a matrícula entre o 15 de xuño e o 15 de xullo, ambos os dous inclusive.

Os interesados poden realizar a tramitación da matrícula a través do portal www.conciliames.org, o sistema on line habilitado polo Concello de Ames co obxectivo de facer a xestión máis sinxela para os interesados. As persoas que non dispoñan das ferramentas informáticas necesarias para poder facer esta xestión de forma on line terán a súa disposición ao persoal do departamento municipal de Educación. Deberán achegarse ata o departamento de Educación de Bertamiráns ou as oficinas municipais do Milladoiro. Alí o persoal municipal realizará estes trámites por eles de forma telemática. Para matricularse neste servizos é necesario non ter débedas co concello.

Por outra banda, as listas de renovación de prazas nos servizos complementarios para o curso 20112-2013, pódense consultar no departamento de Educación, situado en fronte da Casa do Concello, ou na Oficina Municipal do Milladoiro. Para máis información pódese poñer en contacto co departamento de Educación en Bertamiráns chamando ao teléfono 981 891 476.