[31-05-2011] Os interesados poderán consultar as listas de renovación de praza e preinscrición nos servizos servizos complementarios (rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas), na oficina municipal do Milladoiro ou no departamento de educación en Bertamiráns. Con estes servizos a Concellaría de Educación pretende conciliar a vida laboral e familiar de todos os pais e nais durante o curso escolar 2011-2012. Para renovar a praza nos comedores hai que pagar 10 euros en concepto de taxas, mentres que en Bos días cole e Tardes divertidas a renovación é gratuíta. No caso de non estar ao día no pagamento do servizo no que están inscritos perderase a praza. Os pais e nais que realizasen a solicitude de preinscrición e estean admitidos terán que formalizar a matrícula entre o 15 de xuño e o 15 de xullo.




