[02-10-2012] Ler e comentar o que se le, viaxar aos lugares que se citan nun conto ou ver xuntos a película que se fixo sobre unha novela son algunhas das actividades do Club de lectura para adultos que se organiza na biblioteca do Milladoiro. O club realízase ao abeiro das campañas de animación á lectura que durante todo o ano desenvolven as bibliotecas municipais. Todas as persoas que estean interesadas en inscribirse no Club de lectura do Milladoiro deben anotarse chamando ao número de teléfono 662 371 723 ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.org. O prazo de inscrición está aberto durante todo o curso. Este mércores, 3 de outubro, realizarase a primeira xuntanza deste Club para elixir o autor e o libro co comezarán a traballar. Esta actividade desenvolverase dous mércores ao mes, a partir das 21:00 horas, na Biblioteca do Milladoiro. Ata o de agora hai inscritas arredor de 20 persoas. No caso de que haxa demanda suficiente farase outro grupo en Bertamiráns.
Existe unha enorme variedade de programas e actividades destinados ao fomento da lectura para os nenos e nenas, pero, moitas veces, esquecese que os adultos poden precisar un empurrón para comezar a ler con asiduidade ou retomar un hábito de lectura perdido. Para iso creáronse os clubs de lectura de adultos, que naceron dentro das actividades de animación á lectura que as bibliotecas municipais desenvolven con regularidade ao longo de todo o ano.
Este mércores comeza unha nova edición do Club de lectura do Milladoiro. Na primeira reunión os participantes elixirán o autor e libro que lerán durante as primeiras semanas do curso. O prazo para apuntarse nesta actividade está aberto durante todo o curso. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 662 371 723 ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.org. Ata o de agora hai inscritas arredor de 20 persoas.
Esta actividade terá unha periodicidade quincenal. Os membros do Club de lectura do Milladoiro xuntaranse cada quince días na Biblioteca do Milladoiro. Nas súas xuntanzas elixirán libros en grupo, establecerán un prazo para ler un certo número de páxinas e despois comentalo, destacar frases curiosas e xerar un debate ao redor del regulado por un moderador. Está actividade está aberta á participación de todos os adultos que queiran volver coller os libros.
Intercambio de ideas e opinións
Nos clubs de lectura intercambiaranse ideas e opinións sobre as lecturas realizadas, visitaranse lugares citados nos contos e nas novelas, veranse as películas realizadas sobre as obras, e, en definitiva, complementarase a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club. Durante o curso pasado leron varias obras de Emilia Pardo Bazán (Los Pazos de Ulloa ou La Madre Naturaleza) ou de J. D. Salinger (El guardián entre el centeno). No club de lectura do Milladoiro lense tanto obras clásicas como literatura moderna.
O seu obxectivo principal é o de familiarizarse coa lectura en voz alta, perdendo o medo a ler fronte aos demais. Ademais, farase un resumo e unha breve biografía do autor coas principais ideas que se queiran transmitir para contextualizar a obra. Para levar a cabo esta dinámica, o grupo ten que ler un libro elixido por todas/os, nun prazo previamente establecido, e despois comentalo e abrir un debate arredor da súa temática.
Pero este tipo de actividades non só potencian o uso da lectura, senón que van máis aló. Ademais, dentro das actividades de dinamización da lectura realizan saídas literarias. En definitiva, complementan a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Comeza un novo curso do Club de lectura do Milladoiro"