Pestanas principais

Esta mañá celebrouse o último Pleno do mandato 2011-2015

Mércores, 10 de xuño de 2015

[10-06-2015] Esta mañá, ás 10:00 horas, celebrouse o último Pleno do actual mandato. Nesta sesión plenaria aprobáronse por unanimidade as actas dos plenos celebrados os días 25 e 30 de abril de 2015, que estaban pendentes de aprobar por parte da corporación municipal. O vindeiro sábado, 13 de xuño, celebrarase o primeiro Pleno do mandato 2015-2019 no que se desenvolverá o acto de investidura.

O alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, doulle as grazas tanto aos concelleiros e concelleiras que remataron esta lexislatura coma a aqueles que tiveron que abandonar a corporación por diversos motivos. Amor agradeceulle “o traballo realizado en prol dos veciños e veciñas de Ames”.

Por outra banda, os voceiros de todos os grupos políticos tiveron palabras de lembranza para Alfonso Rey López, que faleceu no pasado mes de febreiro despois de enfrontarse durante meses a unha enfermidade. Rey López foi concelleiro da corporación municipal e ostentou as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio dende xuño de 2011 ata abril de 2012.

Ao final do Pleno os concelleiros e concelleiras fixeron unha foto de lembranza nas escaleiras que están situadas diante da Casa do Concello. O vindeiro sábado, 13 de xuño, comezará un novo mandato. Deste xeito, celebrarase o primeiro Pleno do mandato 2015-2019 no que se desenvolverá o acto de investidura.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: " Recuerdo a Alfonso Rey en el último pleno del mandato"