Pestanas principais

Esta mañá asinouse o decreto coas delegacións de cada concellaría do novo goberno municipal

Luns, 15 de xuño de 2015

[15-06-2015] Esta mañá, o novo alcalde de Ames, José Miñones, asinou o decreto coas delegacións de cada unha das concellarías do novo goberno municipal. Deste xeito o alcalde, José M. Miñones Conde, disporá das competencias relacionadas coas áreas de Economía e Facenda, Promoción Económica, Emprego, Comercio, Deportes e Seguridade.

Luisa Feijoo Montero foi nomeada como concelleira delegada de benestar social e dereitos para a cidadanía. Esta concellaría comprende as competencias das áreas de servizos sociais, igualdade, cultura e educación.

José Blas García Piñeiro será o concelleiro delegado de desenvolvemento sostible, infraestruturas e planificación, que comprende as áreas de urbanismo, obras, servizos básicos, transporte, mobilidade, medio ambiente e patrimonio.

Isabel González Cancela levará a concelleira delegada de transparencia e participación cidadá. Deste xeito, correspóndenlle as áreas de atención veciñal, comunicación, voluntariado, transparencia e asociacionismo.