[01-07-2011] O Concello de Ames puxo en marcha no mes de maio, por sexto ano consecutivo, unha nova edición do programa de Animación do Comercio na Rúa co obxectivo de fomentar e dinamizar o comercio local nos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns. Tras a boa acollida de edicións anteriores, e para achegar esta actividade a un sector máis amplo de poboación, este ano presentouse un programa combinado con espectáculos circenses de rúa e instalación de inchables. A última xornada deste programa, prevista para o día 17 de xuño no Milladoiro e para o 18 en Bertamiráns, tivo que ser suspendida debido ás inclemencias meteorolóxicas. Esta dúas xornadas trasladáronse para o venres 1 e sábado 2 de xullo. Esta iniciativa coincide co inicio da campaña de rebaixas en Bertamiráns e no Milladoiro. Os comercios adheridos á Asociación de Comerciantes de Bertamiráns abrirán na xornada do domingo.
O Concello de Ames puxo en marcha unha nova edición do programa de Animación do Comercio na Rúa que, por sexto ano consecutivo, pretende converter as rúas e prazas amienses en espazos dinámicos e atractivos de cara a fomentar e dinamizar o comercio local. Tras a boa acollida de edicións anteriores, e para achegar esta actividade a un sector máis amplo de poboación, este ano realizouse un programa combinado con espectáculos de novo circo e a instalación de inchables.
Esta fin de semana, o día 1 de xullo no Milladoiro e o día 2 de xullo en Bertamiráns, rematarán as actividades que se enmarcan dentro deste programa. Estas últimas xornadas tiñan que celebrarse os días 17 e 18 de xuño pero debido as inclemencias meteorolóxicas decidiuse suspender as actividades de animación do comercio na rúa e trasladalas para o primeiro fin de semana de xullo.
Aparte desta xornada, as actividades que se enmarcan dentro deste programa desenvolvéronse durante os meses de maio e xuño. Así, nas prazas de Manuel Murguía, no Milladoiro, e na de Chavián, en Bertamiráns, instaláronse diferentes inchables os días 27 e 28 de maio. Estas actividades rematan o día 1 de xullo no Milladoiro e día 2 de xullo en Bertamiráns. Os máis pequenos puideron gozar destas actividades entre as 17:00 h. e as 20:00 horas. Ademais, un animador percorreu, nunha bicicleta de tres prazas, as rúas máis comerciais facendo globoflexia.
Como novidade este ano leváronse a cabo espectáculos de clown e malabares nas principais prazas e rúas comerciais. Estas actividades desenvolvéronse os días 13 de maio e 10 de xuño no Milladoiro, e o 14 de maio e 11 de xuño en Bertamiráns. Houbo dous pases, un as 17:30 h. e outro as 18:30 horas. Esta actividade alternouse coa instalación dos inchables.
Esta nova edición desenvolveuse durante un total e 8 días dos meses de maio, xuño e xullo, repartidos en catro venres no Milladoiro e catro sábados en Bertamiráns. Coma en todas as edicións anteriores, o Concello correu cos custos totais do programa e as actividades teñen carácter gratuíto para toda a cidadanía.
Esta iniciativa, promovida dende o Concello de Ames, forma parte do plan de valorización e promoción do comercio local de Ames xunto a outras actuacións postas en marcha ao longo do ano.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Animación do Comercio na Rúa cierra ciclo"




