[23-05-2014] Esta fin de semana os veciños e veciñas da parroquia de Piñeiro celebran as festas na honra da virxe das Flores. Por outra banda, na parroquia de Agrón celébrase a festa na honra da virxe do Socorro, na que haberá unha misa solemne ás 13:00 horas e celebráranse varias comuñóns.
Esta fin de semana celébranse na parroquia de Piñeiro as festas na honra á Virxe das Flores, unha festividade que se organiza cada ano nesta localidade amiense. Este ano, ao non haber comisión de festas, tan só se celebrará unha misa o domingo, 25 de maio, ao mediodía para celebrar esta festividade.
Mentres tanto, na parroquia de Agrón a festa terá lugar o domingo 25 de maio, na honra da Virxe do Socorro. Nesta xornada, está previsto que se celebre unha misa solemne, ás 13:00 horas, na que haberá varias comuñóns. A misa estará cantada pola Coral de Bugallido.




