[23-11-2011] A Asociación Galega deportiva e cultural do Canario de Canto, en colaboración co Concello de Ames e a clínica veterinaria Amigos, organizou para os días 25 e 26 de novembro o V Concurso de Canto Val da Maía. Este é o único campionato de canto de canario que se realiza en toda Galicia, polo que achéganse ata Ames participantes de toda a xeografía galega. Os paxaros que compiten son de tres razas diferentes (roller, malinois e timbrado español ). A entrada será gratuíta e está aberta a todos os públicos.
Durante os días 25 e 26 de novembro celébrase na Casa da Cultura de Bertamiráns o quinto concurso de canarios de canto Val da Maía, organizado pola Asociación Galega deportiva e cultural do Canario de Canto, en colaboración co Concello de Ames e a clínica veterinaria Amigos. Este é o único campionato de canto de canario que se realiza en toda Galicia, polo que achéganse ata Ames participantes de toda a xeografía galega.
O campionato desenvolverase durante a tarde do venres e o sábado durante todo o día. A entrada será gratuíta e está aberta a todos os públicos. Dende a organización rógase que o público garde silencio no momento no que os xuíces escoitan aos canarios cantar para outorgarlle unha puntuación. Para iso os xuíces teñen en conta aspectos como o seu repertorio, as notas e a musicalidade.
Os paxaros que compiten son de tres razas diferentes (roller, malinois e timbrado español). A mecánica do concurso é a seguinte: os paxaros cantan durante varios minutos ante o xuíz que vai puntuando segundo o código de canto reflectido na plantilla de enxuizamento, algo así como un resumo dos xiros e notas que compoñen o estándar da raza.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Bertamiráns acolle o V Concurso de Canto de canarios Val da Maía"