[29-02-2016] A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Rede A Galiña Azul de Bertamiráns e O Milladoiro. O anuncio saíu publicado no DOGA o día 24 de febreiro, polo que dende 25 de febreiro (inclusive) hai un mes para poder facer a solicitude de praza. As familias que estean interesadas en optar a unha das prazas ofertadas na escola infantil As Figueiras, do Milladoiro, ou na nova escola infantil da Galiña Azul, que se está construíndo en Bertamiráns, teñen de prazo ata o 26 de marzo (incluído). As solicitudes pódense tramitar en horario de 9:00 a 14:00 horas na escola infantil As Figueiras do Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio que saíu publicado no DOGA o día 24 de febreiro de 2016.
Cómpre destacar que para as escolas de nova apertura como é a de Bertamiráns o curso dará comezo na data que se comunique con posterioridade ao momento da matrícula dos/das nenos/as, en función da concesión das preceptivas autorizacións administrativas para o seu funcionamento e das obras e prazos que deberán terse en conta para a debida posta en marcha dun centro de nova apertura. A matrícula destes centros formalizarase nos lugares e no horario exposto na relación que se publica xunto con esta resolución nas páxinas web https://benestar.xunta.es e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar http://www.igualdadebenestar.org.




