Pestanas principais

Está aberto o prazo para solicitar a adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames

Sábado, 13 de abril de 2019

No pasado mes de xaneiro aprobouse a convocatoria, por adxudicación directa, das unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior (aprobada en Xunta de Goberno Local do 26 de outubro de 2017). Deste xeito, o prazo de solicitude de adxudicación directa das unidades de enterramento estará aberto ata o 30 de agosto deste ano ou ata que se aprobe unha nova licitación pública. Os/as interesados/as deberán presentar a correspondente solicitude de adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.

Os veciños e veciñas que o desexen poderán solicitar de xeito directo as unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior, aprobada en Xunta de Goberno Local do 26 de outubro de 2017, do cemiterio municipal doas Batáns.

Dentro de dita convocatoria pódese optar a 94 columbarios, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (500 euros) ou 75 anos (552 euros); 58 panteóns tipo A, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros); e 96 panteóns tipo A, situados na rúa número 7, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros).

Dos panteóns tipo B ou nichos independentes da rúa número 2 foron adxudicados 1 panteón tipo B e 6 nichos independentes, o cal permite sacar a licitación un total de 278 nichos independentes, que poderán adxudicarse na modalidade de nichos independentes ou panteóns tipo B.

Deste xeito, pódese optar ao panteón tipo B por un período de 25 anos (3.106,44 euros) ou 75 anos (5.591,60 euros); e aos nichos independentes da rúa número 2, por un período de 25 anos (850 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros). Asemade, pódese optar a 58 tumbas, situadas na rúa 6, por un período de 25 anos (823,21 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros).

Proceso de adxudicación directa
Os panteóns tipo A, da rúa número 1, dispoñen de 3 nichos e 1 columbario, mentres que os panteóns tipo B, da rúa número 2, dispoñen de 4 nichos. Os/as interesados/as deberán presentar a correspondente solicitude de adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames. As unidades de enterramento serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada das solicitudes e segundo o regulamento vixente.

Os impresos de solicitude poden conseguirse na Casa do Concello (Bertamiráns), nas Oficinas xerais do Milladoiro ou na sección de Avisos da páxina web municipal. O persoal municipal axudaralle á veciñanza para cubrir ditas solicitudes. Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ao número de teléfono 981 883 002 ou enviando un correo electrónico ao enderezo atencioncidada@concellodeames.gal.

O Concello de Ames abre así unha nova convocatoria de solicitude de unidades de enterramento mediante un proceso mais áxil e directo e permitirá a aqueles interesados en adquirir algunha das unidades, aproveitar o resultado da adquisición do ano pasado sen ter que ir a un concurso público. Desde o Concello infórmase que este trámite directo tan só será posible ata o 30 de agosto deste ano, procedendo a unha nova licitación aberta pasado o verán.

Ligazóns

Está aberto o prazo para solicitar a adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames