Pestanas principais

Está aberto o prazo de inscrición na campaña de Esquí 2017 que organiza a Deputación da Coruña na estación invernal de Leitariegos

Martes, 17 de xaneiro de 2017

[17-01-2017] O Concello de Ames participa na campaña de Esquí 2017, que organiza a Deputación da Coruña entre o 19 de febreiro e o 31 de marzo. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí. Esta actividade está dirixida aos rapaces e rapazas nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, residentes en calquera municipio de provincia da Coruña. Os nenos e nenas amesáns participarán neste programa do 19 ao 24 de marzo. Para o Concello de Ames ofértanse 12 prazas. As inscricións hai que presentalas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata o próximo 23 de xaneiro. Esta actividade ten un custo de 95 euros. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e un folleto informativo desta campaña.