Martes, 22 de maio de 2018
[22-05-2018] Dende a Concellaría de Normalización Lingüística infórmase que están esgotadas todas as prazas da actividade “Minia convídate a xogar”, de Babaluva Teatro. Trátase dun espectáculo sensorial participativo, recomendado especialmente para desenvolver a creatividade e a comunicación das cativas e cativos co mundo que os rodea. Esta actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura do Milladoiro, está dirixida a familias con crianzas entre 1 e 6 anos. Haberá dúas sesións: unha ás 18:00 horas e outra ás 19:00 horas.




