Luns, 21 de setembro de 2015
[21-09-2015] As entradas para a o espectáculo Os Bolechas na máquina do tempo que terá lugar o domingo 27 de setembro, ás 12.30 h na Casa da Cultura do Milladoiro están esgotadas.
Todas as entradas reservadas terán que recollerse na Casa da Cultura do Milladoiro o día do espectáculo entre as 11.30 h e as 12.00 h. As entradas que non se recollan nesa franxa horaria poñeranse a disposición do público que se achegue ese día á Casa da Cultura e entregaranse por rigorosa orde de chegada a partir das 12.00 horas.




