Pestanas principais

As escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena celebraron os festivais de Nadal

Sábado, 17 de decembro de 2011

[17-12-2011] Os nenos e nenas das escolas municipais de Ames gozaron na xornada de onte e hoxe dos festivais de Nadal que se celebraron nas Casas da Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. Entre as actividades coas que contaron os cativos estivo a actuación de dúas paiasas moi divertidas, bailes, panxoliñas, contos teatralizados, e como colofón a unha tarde do máis máxica e divertida, a primeira visita dos Reis Magos. Os nenos e nenas da Madalena fixeron o seu festival na Casa da Cultura de Milladoiro, os nenos da escola infantil O Bosque fixérono na Casa da Cultura de Bertamiráns.


Os mestres e mestras das dúas escolas fixeron as delicias dos máis pequenos que non sacaron o sorriso da súa cara durante o festival. No caso da Escola da Madalena, os nenos de 2 e tres anos actuaron e bailaron ao son da panxoliña "buscando a Papá Noel", tamén as mestras da escola participaron cos nenos nesta actividade. Despois as mestras contaron un conto de "Cocorico", e cantaron tamén a canción de Cocorico. Os nenos e nenas da escola infantil A Madalena recibiron a visita dos Reis Magos, e puideron pedirlles en persoa os seus agasallos e desexos para este Nadal.

Os nenos e nenas da escola infantil de O Bosque, en Bertamiráns, contaron coma os de Milladoiro coa visita de dúas paiasas moi divertidas e ledas, e coa representación dun conto por parte das mestras da escola que se disfrazon de diferentes animais e fixeron rir ao público. Os Reis Magos pasaron tamén por Bertamiráns e recibiron as cartas e desexos dos meniños de O Bosque, ademais de entregarlles caramelos. Membros das ANPA tamén actuaron e participaron activamente nestes festivais.

Cada ano os festivais de Nadal fan as delicias de nais, pais e nenos e nenas que pasan unha tarde entretida e máxica na que o espírito do Nadal o enche todo, e este ano, non podía ser doutro xeito.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Los niños amienses esperan a Papá Noel"