- Tematica
As escolas infantís municipais A Madalena, no Milladoiro, e O Bosque, en Bertamiráns, celebraron o pasado venres, 13 de febreiro, as súas respectivas festas de Entroido. Este ano na escola infantil da Madalena escolleron a temática de culturas antigas para disfrazarse de trogloditas, exipcios, romanos, viquingos, incas e cabaleiros medievais. Na escola infantil do Bosque escolleron a temática hippie.
Este ano a choiva non permitiu facer o tradicional desfile de Entroido na escola infantil municipal A Madalena, pero mantiveron a tradición de celebrar esta festa e convidaron ás familias a entrar na escola para ver aos nenos e nenas nas súas aulas. Nesta ocasión a temática escollida foi a de culturas antigas para disfrazarse de trogloditas, exipcios, romanos, viquingos, incas e cabaleiros medievais. Como cada ano o persoal da escola confeccionou os disfraces para todos os nenos e nenas.
Por outra banda, na escola infantil do Bosque escolleron a temática hippie. Pola mañá os nenos e nenas levaron para casa os disfraces que fixemos na escola, ao longo de varias semanas, sobre un conto traballado en cada aula (Polo Pepe, Cu-Cu Tras, A eiruga glotona, Elmer, etc) e despois desfilaron polo patio interior da escola, xa que a choiva non permitiu saír ao exterior. Pola tarde organizouse unha merenda para as familias dos nenos/as da escola con baile, xogos e comida típica de Entroido.













