Martes, 06 de setembro de 2011
[06-09-2011] Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o convenio asinado entre o Concello de Ames e o Bertamiráns FC para impartir a actividade de fútbol sala, que se desenvolve dentro das Escolas deportivas municipais. Neste documento poderás atopar a información relativa aos horarios desta actividade, número de prazas, cotas da actividade, protocolo de inscrición e o formulario para realizar a inscrición.




