[15-06-2011] A Escola municipal de teatro de Santa Comba presenta este xoves, día 16 de xuño, a peza teatral Mulleres. A Casa da Cultura de Bertamiráns é o escenario escollido para representar, a partir das 21:00 horas, esta obra dirixida a todos os públicos e que ten unha duración de corenta minutos. Esta peza teatral, que conta cun elenco de seis actrices, foi escrita e dirixida por Xan Martínez. A entrada para poder ver esta obra será de balde.
O Concello de Ames ofrece a toda a veciñanza amiense unha ampla programación cultural para todos os públicos. Todas as fins de semana organízanse numerosas actividade nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. A estas actividades tamén se suman en moitas ocasión varias exposicións de pintura ou outro tipo de artes que normalmente se poden visitar no Pazo da Peregrina. Co obxectivo de ampliar esta programación o Concello ofrécelle a posibilidade de actuar aos grupos de teatro afeccionado da comarca.
Este xoves, día 16 de xuño, vai selo grupo teatral The Puntillas, pertencente á Escola municipal de teatro do Concello de Santa Comba, que dirixe Xan Martínez, os encargados de por en escena a obra Mulleres. Tres mulleres, un escenario como espacio de liberdade, e un punto de loucura que encerra toda cordura para sacar a relucir as miserias, segundo a súa sinopse. A obra comeza ás 21:00 horas e vai dirixida a todos os públicos. Esta peza teatral está escrita e dirixida polo artista bañés, Xan Martínez.
Esta peza teatral ten unha duración de corenta minutos e conta cun elenco de seis actrices (Marga Suárez, Lola Blanco, Vanesa Esculta, Nuria Amarelle, Mariña Pintos e Laura Pose). A entrada para poder ver esta obra será de balde. Esta obra xa pasou por diferentes concellos da comarca. Xa foi representada no segundo ciclo de teatro do Concello de Negreira. Ademais, o vindeiro día 17 de xuño será representada no Concello da Baña.
A través destas iniciativas culturais o Concello de Ames pretende promocionar, dar a coñecer e darlles aos grupos de teatro afeccionado un escenario onde poidan expresarse e representar as súas pezas teatrais. Ao mesmo tempo achégase aos amienses espectáculos que están fóra dos circuítos comerciais pero que teñen un gran interese.




