Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames rexistrou un total de 213 matrículas para o vindeiro curso

Martes, 19 de agosto de 2014

[19-08-2014] A Escola Municipal de Música de Ames, dependente da Concellería de Cultura, rexistrou un total de 213 matriculados de cara ao vindeiro curso académico. Un ano máis segue medrando o número de inscritos neste servizo municipal, que xa leva 11 anos funcionado, e por segundo ano consecutivo superáronse as 200 matrículas. O venres 12 de setembro, ás 20:00 horas, haberá unha reunión informativa sobre o inicio do curso 2014-2015 no Centro multiusos de Aldea Nova para pais/nais e alumnos/as da escola. As clases na Escola Municipal de Música comezarán o luns 15 de setembro.

A oferta educativa da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) como sempre, estará orientada a nenos/as de 4 anos en adiante. Para os nenos e nenas de 4 a 7 anos impártense clases de música e movemento, mentres que para as persoas de 7 anos en diante (sen límite de idade) impártense clases de instrumento e linguaxe musical ou música para adultos. As clases de instrumento son individuais de media hora á semana, e as de linguaxe musical ou música para adultos son clases colectivas (10-12 alumnos/as) unha hora á semana. Impártense clases de piano, guitarra, violín, percusión-batería, saxofón, frauta e canto.

Ademais destas clases, para os alumnos/as matriculados na escola, hai clases colectivas de coro, combo, orquestra de frautas, agrupacións de violíns. Nas que se pode participar, cando xa se acada un nivel de coñecementos, e baixo o criterio dos profesores. Dentro das medidas adoptadas para mellorar o funcionamento da Escola Municipal de Música inclúese o nomeamento dun coordinador que traballa en colaboración co persoal municipal adscrito a este servizo municipal.

Todas as clases deste servizo municipal impártense nas aulas do Centro multiusos de Aldea Nova, polas tardes, a partir das 16:00 horas. O programa deste servizo segue o calendario escolar. Polo tanto, como soe ser habitual, non haberá clases nas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Incremento do número de usuarios/as
Para o curso 2014-2015 rexistráronse un total de 213 matrículas. Para a materia de música e movemento hai un total de 37 inscritos/as, mentres que ás clases de violín asistirán 27 persoas (un destes alumnos tamén irá a canto). Nas clases de saxofón están matriculadas 11 persoas; en batería/percusión 16 alumnos/as; en frauta 32 (dous tamén irán a canto); en piano 43 persoas; e en guitarra 32 (2 destes nenos/as tamén asistirán as clases de canto).

Por outra banda, un total de 4 alumno/as só asistirán ás clases de linguaxe musical e 11 rapaces e rapazas só irán ás clases de canto. A maioría dos alumnos/as que están matriculados en instrumento irán tamén ás clases de linguaxe musical ou música para adultos (118 aproximadamente). Tamén hai clases grupais gratuítas para os alumnos/as da escola, como son as clases de coro, os combos e as agrupacións de frautas/saxos e violíns.

Este ano incrementouse o número de usuarios/as que se matricularon neste servizo municipal. No décimo primeiro aniversario da Escola Municipal de Música de Ames superáronse por segundo ano consecutivo as 200 matrículas.

A media de matriculados/as na EMMA está en 160 persoas por curso. No seu primeiro ano de existencia a escola de música tivo 182 alumnos/as matriculados. Durante os seguintes cursos o número de usuarios foi de 95, 119, 124, 96, 145, 194, 190, 193 e 206 alumnos/as ata chegar aos 213 deste curso.

Reunión informativa
O venres 12 de setembro, ás 20:00 horas, haberá unha reunión informativa sobre o inicio do curso 2014-2015 no Centro multiusos de Aldea Nova para pais/nais e alumnos/as da escola. As clases na Escola Municipal de Música comezarán o luns 15 de setembro.

A través deste servizo municipal ofréceselle aos nenos e nenas amienses, desde hai once anos, a oportunidade de aprender a tocar un instrumentos ou continuar estudos musicais. Ademais, a Escola Municipal de Música de Ames segue innovando ano tras ano e introducindo novas materias no programa educativo.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La EMMA bate su récord de alumnos con 213 matrículas para el próximo año"