Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames celebra o Entroido cun gran concerto

Venres, 08 de febreiro de 2013

[08-02-2013] O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames ofreceu esta tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns o seu tradicional concerto de Entroido, que resultou ser un éxito de público. Os alumnos e alumnas da EMMA interpretaron un total de 27 pezas de varios estilos musicais en piano, frauta, guitarra, saxofón, violín e percusión. Ademais, actuaron os grupos de canto e de combo. A través deste concerto, ao que asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, preténdese gozar coa música ao tempo que os alumnos e alumnas da escola demostraron o que aprenderon dende o comezo do curso. O programa do recital incluíu versións de temas clásicos ademais de partituras pop, bandas sonoras de cine e outras sorpresas que marcaron o inicio musical do Entroido en Ames.

O concerto articulouse a partir de 27 momentos musicais, o primeiro dos cales estivo protagonizado polo alumnado de música e movemento que interpretaron o tema “Cosquillas” do grupo Cantajuegos. A continuación, actuaron os pianistas Pedro Picón, María Gallego e Brais Cantorna, que interpretaron respectivamente as pezas “Canon” de Pachelbel; “Conversación al fondo” e “Quiet Room”. De seguido chegou a quenda da agrupación de frautas, composta por Sabela Novoa, Paula Merelles e Ana Enríquez, que interpretaron “Minuetto” de James Hook.

Tralas frautas sairon ao escenario os guitarristas Henok Martínez, Javier Abel e Óscar Suárez que tocaron respectivamente os temas “El patio de mi casa”; “Nothing else matters”, e “Stairway to heaven” de Led Zeppelin. Pola súa banda, os estudantes de saxofón actuaron en agrupacións e de xeito individual. Primeiro saiu a escena un grupo formado por Ángel Sánchez Nimo, Antón Riveiro Alonso e Álvaro Vidal Rivera, que interpretarán o Himno da alegría de Ludwig Van Beethoven. A continuación actuou outro grupo composto por Álex Méndez Fernández, Mara Riveiro Alonso e José Luis Bao Valiño que tocaron a peza “Up Beat” de Colin Cowles. Despois foi a quenda de Juan Alfredo Martínez Pereiro e David Ramón Paz Ferreira que interpretaron “Why34?” e “As she like it”, ambos os dous temas de Jean Marc Allerme.

A agrupación de violíns, que está composta por Lía Vázquez Lameiro , Andrés Álvarez Carou, Irene Adán Barrientos, Iria Guimil Fuentes, Guillermo Guimil Fuentes e Cristina Rodríguez Varela, ofreceron a súa versión de “Bésame Mucho” e “La Vida es Bella”. Seguiron os alumnos de percusión Mateo Raíndo e Xián Ardións coa interpretación de “Mamma mía”. 

Tamén houbo tempo para escoitar a orquestra de frautas que estivo composta por Nerea Montes, Iria Dorrego, Xabier Antón González, Javier Rouco, Sara Millán, Sara Olmo, Sergio García, Andrea Riveiro, Leire Gallego, Manuel Anxo Cabañas, Antón Suárez, Uxía González, Ana Trespaderne e Natalia Lorenzo. Estes rapaces e rapazas interpretaron os temas “Seguidillas de Carlet” e “Gavotte de la suite orquestal 3” de Johann Sebastian Bach.

Tributo a Whitney Houston
O alumnado de canto realizou un tributo á cantante americana Whitney Houston, que faleceu no pasado mes de febreiro de 2012. Marta Costoya e Rebeca Soliño acompañadas polo coro e alumnos de canto cantaron os temas “All the man that I need” e “The greatest love of all”.

Tamén se puideron escoitar versións de temas pop. Sara Millán versionou o tema “Rosas” de La Oreja de Van Gogh; Carmen Castro cantará “Cuando no estás” de Maria Isabel; Paula Barral atreverase co tema “Diamonds” de Rihanna; e Celia Proupin e Maite Pellegrino interpretaron “Me haces tan feliz”.

No último tramo do recital, participaron o coro de voces e os grupos de combo. O coro cantou “Hoy quiero aprender”. Estivo acompañado ao piano por Mariña. Por outra banda, o coro de voces, o grupo de Música para Adultos e o grupo de Combo interpretaron o tema “El condor pasa”.

As últimas actuacións do concerto correron a cargo dos grupos de Combo. Primeiro actuaron Óscar Fernández, Cristina Ayala, Pepo Suevos, Eva Millares e Marta Costoya (voz), que interpretaron o tema “Sabor a mí”. A continuación o grupo de combo formado por David Amoza (batería), Brais Cantorna, Sandra Abel (teclados), Óscar Suárez, Javi Abel (guitarras), Eva Millares (baixo), Mara Rivero (saxo), Lía Vázquez (viola), Nerea Montes (frauta, voz) e Aída Raíndo (voz) versionaron os temas “Tenía tanto que darte” de Nena Daconte e “20 de abril” de Celtas Cortos.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "A Escola Municipal de Música de Ames celebra o Entroido cun gran concerto"