Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames amplía o prazo de inscrición para os nenos e nenas nados en 2012

Luns, 26 de setembro de 2016

[26-09-2016] A Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Educación e Cultura, amplía entre o 26 de setembro e o 1 de outubro o prazo de inscrición para o alumnado que naceu no ano 2012. Estes alumnos/as poderán matricularse nas clases de música e movemento, en horario de luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. Quedan cinco prazas libres, que se cubrirán por rigorosa orde de rexistro de entrada. Todas as clases da EMMA impártense no centro de usos múltiples de Aldea Nova.

Os impresos de solicitude poden descargarse na páxina web do Concello de Ames, nesta sección de Novas ou na sección de Avisos, ou recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Unha vez rematado o prazo de entrega de solicitudes, desde a Escola Municipal de Música de Ames, poñeranse en contacto cos alumnos/as admitidos para formalizar a matrícula. Ademais, premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os impresos de solicitude.

Unha vez cuberta a documentación necesaria para tramitar a inscrición pódese entregar no Rexistro xeral do Concello, situado na Casa do Concello, no Rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no Rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, em horario de 9:00 a 14:00 horas, do 26 de setembro ao 1 de outubro. Para obter máis información pódese acudir á Casa da Cultura do Milladoiro, de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.